martes, 14 de mayo de 2024

Letras Galegas 2024. CHARLA - COLOQUIO con Xoán Carlos Domínguez Alberte - "FAÍSCAS dunha voz poética"

 


A visita do  afamado escritor e poeta galego Xoán Carlos Domínguez Alberte foi un dos actos centrais da SEMANA das LETRAS GALEGAS 2024 celebrada no noso centro e que se adica este ano a Luísa Villalta. 

Domínguez Alberte foi presentado por Dª Teresa Iglesias,  profesora de Lingua e Literatura Galega e antiga compañeira de estudos. 

                                               

Xoán Carlos brillou na celebración central  cunha intervención que deixou marabillosos reflexos da súa traxectoria literaria. Enfronte dun público composto por alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato, o autor compartiu os avatares da súa vida literaria, dende os primeiros pasos ata a actualidade.

O punto culminante da súa charla recaeu na súa última obra, o poemario titulado "FAÍSCAS" da que o propio autor recitou algúns versos. Alberte destacou a importancia deste volume como  unha obra que mergulla ao lector nun mundo de emocións e imaxes poéticas e revelou que "FAÍSCAS" non é só unha colección de versos, senón unha viaxe emocional e unha reflexión profunda sobre a vida, as súas dificultades e como afrontalas coa creación poética como medio. A obra está adornada con unhas fermosas ilustracións da filla maior do autor, Minia Domínguez, que engaden unha dimensión visual única á poesía envolvente de Xoán Carlos.

A intervención do autor foi acollida con entusiasmo e admiración polo público asistente, que tivo a oportunidade de afondar nas inspiracións e técnicas que marcan a obra deste grande da literatura galega contemporánea. Xoán Carlos Domínguez Alberte, coa súa eloquente presenza e as súas verbas cargadas de paixón polo idioma e a cultura galegas, deixou unha pegada inesquecíbel na Semana das Letras Galegas 2024 celebrada no Colegio LAR.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA DAS ESCRITORAS 2024

  O  Día das Escritoras  é unha iniciativa  organizada entre a  Biblioteca Nacional de España,  a  Federación Española de Mujeres Directivas...