jueves, 16 de mayo de 2024

LETRAS GALEGAS 2024 - LUISA VILLALTA

Este ano, no noso centro escolar, conmemoramos o Día das Letras Galegas cunha serie de actividades que honraron a vida e obra da insigne escritora galega Luísa Villalta. A nosa biblioteca foi o corazón das celebracións, onde alumnos e profesores se xuntaron para render tributo á súa figura.



Lectura de Poemas A poesía, esa fusión de música e palabra que tanto caracterizou a obra de Villalta, foi a protagonista deste emotivo acto.

Acercamento Biográfico Ademais, fixemos un acercamento á vida de Luísa Villalta, destacando a súa traxectoria como escritora, filóloga e violinista. Falamos da súa contribución á literatura galega, da súa paixón pola música e do seu compromiso social e político

Ademais, o estudantado de Educación Primaria realizou unha actividade didáctica nas aulas de Educación Infantil, onde compartiron a beleza da poesía de Luisa Villalta cos máis novos. Esta iniciativa non só fomenta o interese pola literatura entre os nenos e nenas, senón que tamén promove a conexión intercultural e interxeracional no ámbito educativo. A través da lectura dos poemas, os alumnos e alumnas de secundaria puideron desenvolver as súas habilidades comunicativas e empáticas, mentres que os de infantil foron introducidos ao encanto da palabra escrita e á riqueza do patrimonio cultural galego.


Música Tradicional Galega Para pechar as celebracións, disfrutamos da interpretación de pezas de música tradicional galega, unha homenaxe á súa faceta como violinista e á súa crenza de que a música é poesía e viceversa. A música encheu de alegría o noso espazo, creando un ambiente perfecto para lembrar a unha figura tan relevante para a nosa cultura.

Con estas actividades, non só honramos a Luísa Villalta, senón que tamén promovemos o amor pola nosa lingua e cultura entre o noso alumnado. Foi un día cheo de aprendizaxe, emoción e orgullo polas nosas letras galegas.


martes, 14 de mayo de 2024

Letras Galegas 2024. CHARLA - COLOQUIO con Xoán Carlos Domínguez Alberte - "FAÍSCAS dunha voz poética"

 


A visita do  afamado escritor e poeta galego Xoán Carlos Domínguez Alberte foi un dos actos centrais da SEMANA das LETRAS GALEGAS 2024 celebrada no noso centro e que se adica este ano a Luísa Villalta. 

Domínguez Alberte foi presentado por Dª Teresa Iglesias,  profesora de Lingua e Literatura Galega e antiga compañeira de estudos. 

                                               

Xoán Carlos brillou na celebración central  cunha intervención que deixou marabillosos reflexos da súa traxectoria literaria. Enfronte dun público composto por alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato, o autor compartiu os avatares da súa vida literaria, dende os primeiros pasos ata a actualidade.

O punto culminante da súa charla recaeu na súa última obra, o poemario titulado "FAÍSCAS" da que o propio autor recitou algúns versos. Alberte destacou a importancia deste volume como  unha obra que mergulla ao lector nun mundo de emocións e imaxes poéticas e revelou que "FAÍSCAS" non é só unha colección de versos, senón unha viaxe emocional e unha reflexión profunda sobre a vida, as súas dificultades e como afrontalas coa creación poética como medio. A obra está adornada con unhas fermosas ilustracións da filla maior do autor, Minia Domínguez, que engaden unha dimensión visual única á poesía envolvente de Xoán Carlos.

A intervención do autor foi acollida con entusiasmo e admiración polo público asistente, que tivo a oportunidade de afondar nas inspiracións e técnicas que marcan a obra deste grande da literatura galega contemporánea. Xoán Carlos Domínguez Alberte, coa súa eloquente presenza e as súas verbas cargadas de paixón polo idioma e a cultura galegas, deixou unha pegada inesquecíbel na Semana das Letras Galegas 2024 celebrada no Colegio LAR.



KEEP READING

  A medida que el curso académico llega a su fin, nos despedimos de un año lleno de aprendizaje y crecimiento en nuestra biblioteca, un luga...