Con gran entusiasmo e ilusión,
celebramos o noso primeiro certame literario “Biblioteca LARARIA”“Biblioteca LARARIA” no COLEGIO LAR. Foi un evento onde a paixón pola literatura e a creatividade
xuntáronse para dar vida a unha xornada inesquecible.
O alumnado de 1º, 2º, 3º de
ESO e 1º de bacharelato amosou o seu talento e amor polas letras ao
compartir diversas lecturas que capturaron a atención e admiración dos seus
compañeiros e compañeiras. Cada texto lido era unha nova xanela a mundos
imaxinarios, a historias conmovedoras e a aventuras emocionantes.
Un dos momentos máis destacados
foi cando Dª Teresa, a nosa querida profesora de Lengua Gallega, compartiu
uns versos da insigne Rosalía de Castro. A súa voz, cargada de emoción,
fixo que as palabras da poeta resonasen no corazón de todos os presentes,
lembrándonos o legado imperecedoiro dunha das figuras máis emblemáticas da nosa
literatura.
Para poñer o broche de ouro a
este evento literario, tivemos a honra de contar coa actuación de The
BLOW-UP'S, un xove grupo musical de Vigo que nos deleitou cun repertorio acústico.
As súas versións de temas coñecidos e as súas propias composicións foron a
melodía perfecta para clausurar un día cheo de poesía e música.
Queremos agradecer a todos os
participantes por facer deste certame unha realidade e por encher a nosa
biblioteca de maxia e inspiración, aos profesores e profesoras implicados e a
todos aqueles que, dalgún xeito, colaboraron para que este primeiro certame
literario fose un éxito. Agardamos con ilusión a próxima edición e animamos a
todo o alumnado a seguir explorando e compartindo a súa paixón pola literatura.
#BibliotecaLARARIA #CertameLiterario #CulturaEscolar