lunes, 18 de marzo de 2024

CONTACONTOS en Ed. Infantil

 

PHOTO 2024 03 18 10 23 44
CONTACONTOS en Ed. Infantil 3

Hoxe, os pequenos e pequenas de Ed. Infantil asistiron a unha fermosa actividade de contacontos, na que o autor David Rodríguez relatoulles as aventuras de SUPERAVOA, un conto que narra as aventuras da avoa de Rita, e a cal garda un segredo. É unha superheroína! Se non fose por ela e os seus superpoderes, o mundo viríase abaixo. Un libro cheo de tenrura e de humor. Unha feliz homenaxe ás avoas.

SUPERAVOA - David Rodríguez
CONTACONTOS en Ed. Infantil 4


Un encontro literario especial con María Canosa en Lararia

Hoxe, a biblioteca escolar Lararia viviu unha xornada moi especial coa visita da escritora galega María Canosa , quen nos acompañou nun anim...