Temos o pracer de anunciar que o vindeiro 7 de xuño celebraremos na nosa biblioteca o tan esperado Certame de Poesía "LARARIA". Este evento especial contará coa participación do alumnado de ESO do Colexio LAR, que nos deleitará cunha lectura de poemas.
O certame será unha oportunidade única para escoitar as voces e emocións do noso estudantado. Estamos seguros de que será unha xornada chea de sentimento e talento.
Para clausurar o evento, teremos o privilexio de contar cunha actuación musical a cargo de Carmela Warhol e Javi Pardo, compoñentes do grupo vigués THE BLOW-UP's. Eles serán os encargados de poñer o broche de ouro a unha xornada inesquecible.
Non vos perdades esta celebración da creatividade e a arte na nosa biblioteca. Esperámosvos o vindeiro 7 de xuño para vivir xuntos unha xornada máxica!
Vinde a compartir connosco esta experiencia única!
Organiza:
Ø Equipo de biblioteca "LARARIA" - CPR Plurilingüe LAR |
Colabora:
Ø Equipo de
Normalización e Dinamización Lingüística |