Hoxe, os pequenos e pequenas de Ed. Infantil asistiron a unha fermosa actividade de contacontos, na que o autor David Rodríguez relatoulles as aventuras de SUPERAVOA, un conto que narra as aventuras da avoa de Rita, e a cal garda un segredo. É unha superheroína! Se non fose por ela e os seus superpoderes, o mundo viríase abaixo. Un libro cheo de tenrura e de humor. Unha feliz homenaxe ás avoas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario