viernes, 7 de junio de 2024

Primeiro Certame de poesía “Biblioteca LARARIA”




Con gran entusiasmo e ilusión, celebramos o noso primeiro certame literario “Biblioteca LARARIA”“Biblioteca LARARIA” no COLEGIO LAR. Foi un evento onde a paixón pola literatura e a creatividade xuntáronse para dar vida a unha xornada inesquecible.

O alumnado de 1º, 2º, 3º de ESO e 1º de bacharelato amosou o seu talento e amor polas letras ao compartir diversas lecturas que capturaron a atención e admiración dos seus compañeiros e compañeiras. Cada texto lido era unha nova xanela a mundos imaxinarios, a historias conmovedoras e a aventuras emocionantes.

Un dos momentos máis destacados foi cando Dª Teresa, a nosa querida profesora de Lengua Gallega, compartiu uns versos da insigne Rosalía de Castro. A súa voz, cargada de emoción, fixo que as palabras da poeta resonasen no corazón de todos os presentes, lembrándonos o legado imperecedoiro dunha das figuras máis emblemáticas da nosa literatura.

Para poñer o broche de ouro a este evento literario, tivemos a honra de contar coa actuación de The BLOW-UP'S, un xove grupo musical de Vigo que nos deleitou cun repertorio acústico. As súas versións de temas coñecidos e as súas propias composicións foron a melodía perfecta para clausurar un día cheo de poesía e música.


Queremos agradecer a todos os participantes por facer deste certame unha realidade e por encher a nosa biblioteca de maxia e inspiración, aos profesores e profesoras implicados e a todos aqueles que, dalgún xeito, colaboraron para que este primeiro certame literario fose un éxito. Agardamos con ilusión a próxima edición e animamos a todo o alumnado a seguir explorando e compartindo a súa paixón pola literatura.



#BibliotecaLARARIA  #CertameLiterario   #CulturaEscolar


No hay comentarios:

Publicar un comentario

KEEP READING

  A medida que el curso académico llega a su fin, nos despedimos de un año lleno de aprendizaje y crecimiento en nuestra biblioteca, un luga...